Nenas transgresoras na LIX
Red Temática de Investigación "LIJMI"
Galego
Galego

Sinopse Nenas transgresoras na LIX

«Nenas transgresoras na LIX» é o novo monográfico da Rede Temática de Investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano». Pensado para as persoas con responsabilidade directa na mediación lectora (persoal docente de diferentes etapas educativas, persoal de bibliotecas, de librarías...), pero tamén accesible para o público xeral con responsabilidade indirecta ou interesado na temática (caso das familias), esta obra achégase ás personaxes nenas que na Literatura Infantil e Xuvenil dos diferentes ámbitos do marco ibérico e iberoamericano romperon ou rompen con estereotipos de xénero. Ábrese cun estudo sobre o tratamento dos estereotipos da nenez nos contos para, a seguir, acoller aqueles traballos centrados nas literaturas infantís e xuvenís dos diferentes ámbitos (castelán, catalán, galego, portugués, vasco, brasileiro e mexicano) e como estas representan as nenas que transgriden a norma. Como é habitual nas publicacións desta rede interdisciplinar de investigadoras e investigadores, en «Nenas transgresoras na LIX» tamén se pode atopar un conxunto de obras axeitadas para educar literariamente e que abordan a temática, así como comentarios sobre algunhas das máis significativas.
EAN
9788411104296
Editorial
Ano de edición
2023
Páxinas
416
Encadernación
Tapa branda ou peto
Idioma
Galego
Colección
MATERIAIS EDUCATIVOS
Alto
240
Ancho
170
Outros lectores cualificárono con
Déixanos a túa opinión
0 opinións
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres