NORTEáNS
GUERRA CID, MAR
Galego
Galego

Sinopse NORTEáNS

Durante a cerimonia de iniciación de Bris, o herdeiro do moi nobre Neixón, o señor de Norteáns, o pobo elixido, anticípanse importantes mudanzas en Nola. Diante dos ollos de Forca, o ourive, fillo da meiga a Reva, tres mulleres, Cances, irmá de Bris, Leta e a súa nai Banda, a tecelá, desafían as sagradas leis norteás. Mentres, Pruno, un escravo liberto, prende a isca da rebelión dos argolados, os servos aos que se identificaba por levar un pecho de ferro ao redor da gorxa. Serán capaces de ceibarse do xugo dos norteáns? O torque sagrado marcará o camiño da súa vitoria?
Novela prehistórica, Norteáns reconstrúe con detalle a sociedade castrexa, a súa organización social, política, militar e familiar; os usos e costumes cotiáns e a relixiosidade da cultura prerromana que poboou Galicia e o norte de Portugal no século I antes de Cristo. Norteáns é, tamén, o retrato dunha sociedade onde había idealistas e opresores, onde reinaba decote o amor e a amizade, mais tamén a cobiza e a vilanía. Un relato engaiolante protagonizado por homes e mulleres capaces de sacrificarse por unha causa xusta ou de traizoarse loitando polo poder, como sucede no noso tempo.
EAN
9788491210696
Editorial
Ano de edición
2016
Páxinas
544
Encadernación
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Galego
nº colección
164
Colección
FóRA DE XOGO
Alto
210
Ancho
130
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres