Sinopse O día que Úrsula Mon se converteu en oso
Ursula Mon vive nunha aldea das monta?as coa súa avoa e séntese distintaÂáaos demais. Na escola é obxecto de burlas pola súa tartamudez e só encontra
acubillo no bosque. Al¡ sucede algo extraordinario: o d¡a en que se cruza cunÂáoso, a ollada do animal atravésaa para sempre e esperta nela unha conexión emocional e unha forza interior ata entón desco?ecida. Guiada polas historiasÂádun vello gardamontes e co apoio inesperado da súa nova mestra, a nena iniciará dende ese momento unha viaxe persoal impulsada pola súa fascinación polos osos, na cal será capaz de transformar a súa vulnerabilidade nun valor salvaxe.
Unha historia conmovedora de Mónica Rodr¡guez, acompa?ada polas suxestivasÂáilustracións de Ester Garc¡a, que explora a busca da voz propia e o v¡nculo profundo entre o ser humano e a natureza, sen deixar de lado outros temas como aÂácrueza do acoso escolar ou o peso da soidade e das ausencias familiares.