O inspector e mais eu
Vidal Portabales, Ignacio
Galego
Galego

Sinopse O inspector e mais eu

A vida de Sandra Val, experimentada profesional dedicada á fotografía boudoir, transcorre con tranquilidade na apracible vila de Marende, ata que un día recibe a visita do inspector Roque Barallobre. Este, un home moi atractivo, solicita a súa axuda para resolver un caso policial de secuestro.
A relación co inspector e os sentimentos que este provocará nela irán afectando a Sandra ao tempo que van desfilando polo local os clientes do seu negocio; todos mostran a súa personalidade durante as sesións fotográficas, como cabe esperar dun sitio onde as persoas son retratadas en roupa interior. A través destes personaxes debúxase dun xeito ácido o bulir da vila de Marende.
As pretensións amorosas da protagonista -contadas en clave de humor- son transparentes, pero atopan a dificultade incómoda da antiga moza de Roque, que aparece na narración como unha rapaza ideal, intrépida e fermosa. Sandra intentará sobrepoñerse acompañada do seu irmán e da súa axudante no estudio fotográfico.
Nesta novela, Ignacio Vidal explora a identidade dunha muller liberal e moderna, mergullada nas contradicións que o amor leva á súa vida.
EAN
9788491211266
Editorial
Ano de edición
2016
Páxinas
320
Encadernación
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Galego
nº colección
403
Colección
NARRATIVA
Alto
220
Ancho
145
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres