O poder que camiña nas tebras
Hamilton, Lillias
Galego

Sinopse O poder que camiña nas tebras

Na súa obra A filla do visir, Lillias Hamilton aborda temas que poucos se atreveron a tocar, o xenocidio do pobo hazara baixo o réxime afgán. Con todo, é en O poder que camiña nas tebras onde ofrece unha mirada penetrante e valente, narrando os horrores que sufriu o pobo afgán e que ela mesma presenciou grazas ao seu acceso insólito á corte do emir en Cabul, onde exerceu como médica.
A súa fluidez co persa abríronlle as portas a unha comprensión dos sufrimentos do pobo afgá, a quen atendía no seu hospital. Aínda que era médica e non historiadora ou administradora colonial, Lillias sentía a responsabilidade de describir o que percibía cos seus propios ollos, o que os gregos chamaban \"autopsia\". A súa condición de muller e profesional sanitaria complicaba aínda máis o seu intento de narrar fielmente a represión e as intrigas palacianas que observaba, especialmente baixo a sombra da censura e a dificultade de publicar O poder que camiña nas tebras sen entrar en conflito con figuras de poder, que non puido ver editada en vida e que agora publícase por primeira vez galego
Máis aló do seu labor literario, Lillias Hamilton foi tamén unha activista social e feminista comprometida coa loita polos dereitos das mulleres. Fundou un albergue para mulleres maiores e a súa vida estendeuse por distintos puntos do globo, desde Afganistán ata o Transvaal e, finalmente, Niza, onde faleceu en 1925. Alí, baixo o sol da Provença, repousa a figura dunha muller que tentou contar o que outros preferiron ocultar.
EAN
9788484876984
Ano de edición
2024
Páxinas
308
Idioma
Galego
nº colección
453
Colección
Narrativa
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres