Primeras páginas
Sinopse O que non sabías
Esta novela condúcenos por sentimentos confrontados que exploran vidas cotiás e os seus pasados, vidas nas que tamén se agochan inconfesables segredos familiares e momentos complexos, especialmente para as mulleres.
"O que non sabías" é unha historia intimista, calma, de miradas significativas, de contrastes e paixóns. Unha procura de liberdade e amor na que o silencio impregna con protagonismo as persoas, e o mar devolve o que un día levou.