O único que queda é o amor
Fernández Paz, Agustín
Galego

Sinopse O único que queda é o amor

Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adriánà todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, "na vida o único que queda é o amor". E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.
EAN
9788497826280
Editorial
Ano de edición
2007
Páxinas
176
Idioma
Galego
Colección
LETRA DORMENTE
Alto
225
Ancho
150
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres