O XIGANTE SECRETO DO AVÓ
Litchfield, David
Galego

Sinopse O XIGANTE SECRETO DO AVÓ

-Ten mans do tamaño de táboas -dixo o avó-, pernas longas coma as baixantes dos tellados das casas e pés tan grandes coma botes pesqueiros. Sabes de quen falo?
-Si! -suspirou Billy-. Do xigante secreto. Pero non é real!


Billy non cre a seu avó cando lle conta que hai un xigante na vila que se dedica a facer boas obras para todo o mundo. El sabe que un xigante é demasiado grande como para manterse oculto. E por que QUERERÍA manterse en segredo?
Pero, segundo pasa o tempo, Billy aprenderá que algúns segredos son GRANDES de máis para mantelos en segredo por moito tempo...

Unha historia XIGANTE que fala da necesidade de encaixar e do valor da amizade, e que foi creada por David Litchfield, gañador do Waterstones Children's Book Prize en 2015 na categoría de libro ilustrado por O Oso e o Piano, publicado tamén en galego por Hércules de Ediciones.
EAN
9788494650277
Ano de edición
2017
Páxinas
40
Encadernación
Tapa dura
Idioma
Galego
Colección
NOVAS LECTURAS DE HERCULES
Alto
300
Ancho
200
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres