- Libros
- LITERATURA
- Olympia ring, 1934
- Libros
- LITERATURA
- Olympia ring, 1934
Sinopse Olympia ring, 1934
Barcelona, outono de 1934. Mentres a cidade se recupera das consecuencias da frustrada proclamación do Estado catalán, os afeccionados ao boxeo prepáranse para presenciar o combate polo título mundial do peso pluma entre Josep Gironés e Freddie Miller. Na mesma serie de veladas tamén vai participar o prometedor púxil galego Manuel Ramírez Castro, O Camión, desexoso de atopar un oco no mundo das catro cordas. Ata alá viaxa Sebastián Faraldo, reconvertido en cronista deportivo.
Ninguén pode sospeitar que a lona vai ser escenario dun sofisticado asasinato.
Olympia ring, 1934 é unha novela que revitaliza o xénero negro ao hibridalo coa novela histórica. A actualidade política da España de 1934 e o ambiente do boxeo e dos baixos fondos -con antecedentes claros na novela negra e no cinema norteamericanos- conflúen nunha ficción na que as referencias á cultura de masas comparten territorio con chiscadelas humorísticas e un xeito sabio de dispoñer o material narrativo para engaiolar lectores intelixentes, que gusten de xogar co autor nesta pescuda da xustiza a través do tempo.