Onde está o poliño de Rosalía
Hutchins, Pat
Galego

Sinopse Onde está o poliño de Rosalía

"Onde está o poliño de Rosalía?" é a segunda parte de "O paseo de Rosalía", un clásico de 1968 co que Pat Hutchins deuse
a coñecer como autora e ilustradora, destacando daquela
pola súa proposta de estética vangardista, con liñas sinxelas, cores de tons ácidos e alto contido visual. Partindo da plena vixencia desa obra, este novo relato mantén as cualidades narrativas e plásticas do seu precedente: frases breves
e encadeadas acompañadas de imaxes descritivas
que complementan graficamente o relato,
amosando dous niveis de lectura paralelos.
Así, por unha parte, Pat Hutchins fainos partícipes da incesante busca do poliño por parte dunha preocupada galiña Rosalía;
por outra, asistimos ás perigosas peripecias do poliño
-torpe e despistado- dando voltas por distintos escenarios
da granxa, mentres a nai anda á súa procura.
EAN
9788484649403
Editorial
Ano de edición
2015
Páxinas
32
Encadernación
Tapa dura
Idioma
Galego
Colección
TRAS OS MONTES
Alto
300
Ancho
200
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres