Sinopse OS AFORISMOS DO RISO FUTURISTA
Estilos moi variados. Estéticas plurais. Cosmovisións intelectuais diversas. En definitiva, todos os posibles camiños estéticos, conceptuais e formais aparecen nestas sentenzas, apotegmas, reflexións aforísticas do noso tempo, cunha temática que vai da denuncia á observación lúcida, da evocación poetizadora á máxima moralizante, da reflexión ontolóxica á sátira social, do ferrete contra un vicio ou unha vexación á revelación do mínimo, do sutil, do dificilmente apreixable e expresable.
O aforismo, un xénero en verdadeira expansión na actualidade, recibe así un pulo extraordinario na nosa tradición cultural. Un xénero breve e incisivo, acaído á vertixe dos tempos que corren.