Os balnearios de Galicia
Casal Otero, Lorena
Galego

Sinopse Os balnearios de Galicia

A auga é un elemento necesario para a vida, sen ela esta non é posible, e nela orixinouse a vida.Un tipo especial son as augas mineromedicinais ou augas termais, utilizadas desde a antigüidade para o tratamento de numerosas patoloxías. A cura termal resulta moi útil no tratamento de numerosas patoloxías crónicas do aparello locomotor, respiratorio, da pel, e doutros órganos. Galicia conta cunha enorme riqueza en augas mineromedicinais e dispón de máis de 300 mananciais e 21 balnearios nos que se pode encontrar alivio para as doenzas, repouso e benestar.A Universidade de Santiago de Compostela conta desde 2009 cunha Cátedra de Hidroloxía Médica, que foi creada coa finalidade de fomentar a docencia, investigación e difusión dos coñecementos no campo da Hidroloxía Médica.Unha das actividades é esta guia, que pretende axudarlle ao profesorado a achegar o alumnado dos últimos cursos de primaria e dos primeiros da ESO ao coñecemento da importancia da auga para a vida e, en especial, das augas mineromedicinais e as súas aplicacioóns na promoción da saúde, no tratamento das enfermidades e na procura do benestar. Consta de cinco apartados nos que se combinan texto e enlaces con diferentes materiais didácticos dixitais.
EAN
9788417595241
Ano de edición
2019
Páxinas
69
Encadernación
Tapa branda ou peto
Idioma
Galego
Colección
OUTRAS PUBLICACIONS
Alto
240
Ancho
170
Outros lectores cualificárono con
Déixanos a túa opinión
0 opinións
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres