OS TELEVISORES ESTRáBICOS
VILAR LANDEIRA, RAMóN
Galego
Galego

Sinopse OS TELEVISORES ESTRáBICOS

Os televisores estrábicos emiten historias dun mundo tan cotián e á vez tan estraño que por veces parecen tatuaxes da realidade que vivimos. Na programación atopamos un atracador que ao saír do banco bate co único policía local de garda; comprobamos como unha tarde de pesca nun río pode rematar en ataque de pánico; sabemos que as mantas eléctricas espantan a friaxe dos pés, pero non a soidade; coñecemos a historia de F, un alcohólico que puido xogar no Deportivo e aprendeu que a vida é unha partida de futbolín; que as empresas saben ben máis ca nós dos seus negocios; que as noticias son as que son porque os xornalistas beben coca-cola light; ou que os caramelos de café con leite poden ser ben amargos...
Os televisores estrábicos é a ollada bidireccional dun home que deixa todo atrás para escribir un libro de relatos cos cartos dunha indemnización por despedimento. E a loita radicalmente optimista por sobrevivir a un tempo de desesperanza, conscientes de que aquí é obrigado vivir de pé, basicamente porque a vida queima.
EAN
9788499147178
Editorial
Ano de edición
2014
Páxinas
144
Encadernación
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Galego
Colección
NARRATIVA
Alto
225
Ancho
150
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres