https://www.imosver.com/gl/libros/pedro-e-o-capitan-31002900243100290024Pedro e o capitán9.59«Pedro e o capitán» de Mario Benedetti, a pesar de ser concibida nun principio como unha novela, que o autor pensaba titular «O cepo», acabou sendo unha obra de teatro publicada en 1979. A presente vehttps://static.serlogal.com/imagenes_small/9788497/978849782016.jpgLibrosLibros/TEATROSin stock temporalmenteXERAIS000https://static.serlogal.com/imagenes_small/9788497/978849782016.jpg0010583343CIM0073301ALO0085467001049638310.150.519788497820165Benedetti, MarioLibrosidioma_GalegoGautor_Benedetti, Mariosaga_CENTRO DRAMATICO GALEGO
Este tipo de cookies permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nelas existan.
imosverlaravel_session
Descrición
Esta cookie é necesaria para que o sitio web funcione e non se pode desactivar nos nosos sistemas.
Duración
Sesión
Dependencias
Dominio
imosver.com
OCT8NE
Descrición
Esta cookie utilízase para o correcto funcionamento do Chat de Oct8ne para prestar o servizo de atención ao cliente ao usuario.
Son aquelas que posibilitan o seguimento e análise do comportamento dos usuarios na nosa páxina. A información recollida utilízase para a medida da actividade dos usuarios na web e a elaboración de perfís de navegación dos usuarios.
_clsk
Descrición
Rexistra datos estatísticos do comportamento do visitante na web. Isto utilízase para análises internas por parte do operador da web.
Duración
1 ano
Dependencias
_clsk,MUID,_clck
Dominio
logglytrackingsession
Descrición
Identifica e rexistra a sesión do usuario con fins analíticos.
Duración
Sesión
Dependencias
Dominio
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Descrición
Rexistra unha identificación única que se utiliza para xerar datos estatísticos sobre como utiliza o visitante o sitio web.
Duración
1 ano
Dependencias
Dominio
.imosver.com
Son aquelas que nos permiten adaptar a navegación na nosa páxina web ás súas preferencias (por exemplo, idioma, navegador utilizado, etc.).
_fbp
Descrición
Utilizado por Facebook para ofrecer unha serie de produtos publicitarios, como ofertas en tempo real de terceiros anunciantes.
«Pedro e o capitán» de Mario Benedetti, a pesar de ser concibida nun principio como unha novela, que o autor pensaba titular «O cepo», acabou sendo unha obra de teatro publicada en 1979. A presente versión en lingua galega, preparada por Francisco Pillado Maior, foi estreada na Coruña en 1993 polo G.T. de Amnistía Internacional. A obra constitúe un intento de comprensión da tortura, unha das manifestacións da violencia enxendrada por sistemas políticos represivos. Unha obra de teatro con dous únicos personaxes, o capitán (un militar torturador) e Pedro (un preso político torturado), que levan adiante un diálogo imposible. Os catro actos da obra están situados nunha sala de interrogación. A historia dun conflito que vai máis aló do meramente ideolóxico. O propio Benedetti advirte no seu prólogo que «esta peza constitúe unha indagación dramática na psicoloxía dun torturador. Algo así como a resposta a por que, mediante que proceso, un ser normal pode converterse nun torturador. A obra non presenta o enfrontamento dun monstro e dun santo, senón de dous homes, dous seres de carne e óso, ambos coa súa parte de vulnerabilidade e de resistencia. A distancia que hai entre eles é, sobre todo, ideolóxica, e, aí radica, talvez a clave doutras diferencias, que abranguen a moral, o ánimo, a sensibilidade perante o sufrimento humano, o complicado traxecto que media entre o valor e a covardía, a pouca ou moita capacidade de sacrificio, a fenda existente entre a traizón e a lealdade.» Mario Benedetti non pretende presentarnos a un torturador malnacido e desgraciado e a un torturado honorable, senón que pretende obxectivizar a situación fuxindo do maniqueísmo: é o enfrontamento de dous seres humanos. Así o autor uruguaio conclúe o prólogo da obra afirmando que «temos que recuperar a obxectividade como unha das formas de recuperar a verdade, e temos que recuperar a verdade como unha das formas de merecer a vitoria.»