Penúltimo dietario
Neira Vilas, Xosé
Galego
Galego

Sinopse Penúltimo dietario

Este Penúltimo dietario é unha memoria dos nosos -de Anisia e meus- últimos dezasete anos vivindo no retrinco do mundo onde nacín. Tiña pasado, coma quen di, da aldea ó barco. Levei comigo a lembranza dos meus familiares e veciños, a imaxe do Ulla, os labradíos e os montes de Gres, o Castromouzo, o castro da Pena Andoriña e pouco máis. Tomo conciencia do meu país máis alá do ancho mar, convértome de por vida nun activista galego. Des que nos radicamos en Gres, en 1992, atendemos toda sorte de peticións para contar as nosas experiencias, o que nos permitiu percorrer todo o país, coñecer o seu territorio, achegarnos amorosamente a vilas e cidades, ós seus ríos e montañas, dende Ortigueira a Entrimo e de Fisterra a Becerreá. Alguén dixo que tamén se ama cos pés, camiñando, tripando a terra que queremos. Velaquí, xa que logo, este dietario da nosa andaina por Galicia adiante, no que por veces tamén se inclúen lugares e persoas de fóra.
EAN
9788499142869
Editorial
Ano de edición
2011
Páxinas
312
Encadernación
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Galego
Colección
MEMORIA
Alto
225
Ancho
145
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres