Poesía completa
Paz Andrade, Valentín
Galego
Galego

Sinopse Poesía completa

Ata a aparición desta Poesía completa, Valentín Paz-Andrade (1898-1987) era o autor de tres poemarios e mais dun pequeno monllo de composicións. Daquela, a idea que prevaleceu ata hoxe é que a escrita poética era para Paz-Andrade un acto de evasión ou divertimento dunha persoa laboriosa e inqueda ocupada noutros labores ou vocacións fecundas, como a da avogacía e a dos negocios. Coa aparición desta edición da súa Poesía completa, que fai pública unha abundante e descoñecida obra poética inédita, a figura literaria de Valentín Paz-Andrade cobra unha nova dimensión. Inclúense neste volume, preparado por Gregorio Ferreiro Fente, ademais da totalidade dos textos xa coñecidos, unha copiosísima obra inédita que o autor foi construíndo, con empeño e inspiración, durante case corenta anos ininterrompidos de labor poético. Entre esta obra destacan, pola súa transcendencia dentro do sistema literario galego, varios poemarios completos que escribiu durante os anos da Guerra Civil española.
EAN
9788499143415
Editorial
Ano de edición
2012
Páxinas
752
Encadernación
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Galego
Colección
CLáSICOS
Alto
300
Ancho
200
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres