Polaroid
De Toro, Suso
Galego
Galego

Sinopse Polaroid

Polaroid é un libro de narracións que enlaza tanto coa cultura underground dos anos setenta como co tempo da cultura pop, da produción de obxectos industriais de consumo en serie, do tempo dos medios de comunicación audiovisuais e da cultura da música pop anglosaxona. Mais tamén é un libro que trata das linguaxes, da lingua e os seus diversos niveis e usos; que xoga e experimenta coa linguaxe narrativa; que ironiza sobre a literatura e as súas retóricas; que utiliza, a partir da oralidade, todo tipo de materiais atopados, creados, manipulados para facer literaturaà Considerado como libro aberto, e polo tanto conceptual e poético, Polaroid constitúe unha auténtica máquina de fabricar significados en todas as direccións, un artefacto literario para provocar cavilacións e emocións, para non deixar indiferente ao lector ou lectora. Tematicamente, aborda tanto as cuestións do tempo contemporáneo como da memoria, deitando unha mirada sobre o país, na ruptura co seu pasado, no esgazamento da cidade que esquece o campo, do presente que esquece o pasado. Un libro que ten o sentido e a alma esgazados. Un libro concibido para mergullarse no seu tempo e pelexar furioso contra el.
EAN
9788497820943
Editorial
Ano de edición
2004
Páxinas
184
Encadernación
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Galego
Colección
NARRATIVA
Alto
220
Ancho
145
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres