Rectificar a historia. Escritos sobre Ricardo Carvalho Caler
María do Pilar García Negro
Galego

Sinopse Rectificar a historia. Escritos sobre Ricardo Carvalho Caler

RECTIFICAR A HISTORIA
Escritos sobre Ricardo Carvalho Calero
Perguntémonos por que cómpre continuarmos a celebrar Carvalho Calero (Ferrol, 1910-Santiago de Compostela, 1990). Responderemos en forma de esquema que resume o sentido dos traballos compilados neste libro: a) porque o merecen a súa persoa e a súa obra; b) porque a súa vida e traxectoria abranxen un século XX á galega que coñeceu acontecementos fundamentais da nosa historia contemporánea, de que el foi testemuña e/ou protagonista, como membro activo do Seminario de Estudos Galegos e do nacionalismo dos anos 20 e 30; c) porque é artífice directo e perseverante da construción cultural galega dese século; d) por ser o escritor da súa xeración que máis e mellor contribuíu ao engrandecemento da literatura galega en todos os xéneros; e) porque a súa obra estritamente de creación literaria (poesía, teatro, narrativa) abondaría, alén da súa inmensa obra científica, para lle consagrar unha atención máis aló do Día das Letras Galegas.
Ricardo Carvalho Calero non ten data de caducidade ou data de validade. Este libro é tributario deste recoñecemento e ilumina aspectos fundamentais da súa dedicación á lingua galega, á creación literaria e ao estudo da literatura como arte fundamental da nación galega
EAN
9788484875208
Páxinas
214
Encadernación
Digital: descarga
Idioma
Galego
Colección
ENSAIO
Alto
300
Ancho
200
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres