SERÁ CORRECTO?

SERÁ CORRECTO?

BLANCO, CONCHA/CANOSA, MARÍA
Galego

Sinopse SERÁ CORRECTO?

Teño que erguerme cando me presentan a alguén?
Podo apoiar os antebrazos na mesa cando estou comendo?
Pode acompañarme meu pai a unha entrevista de traballo?
Que levo como agasallo se me convidan a comer nunha casa?
Todas estas cuestións e moitas máis teñen a súa resposta en Será correcto?; unha guía divertida e sinxela, de fácil lectura e manexo e que seguramente axudará a sacar ao lector de máis dun apuro.
Na vida cotiá da maioría das persoas, encontrámonos ante diversas situacións que nos presentan dú- bidas e que resolvemos como podemos, pero descoñecemos se foi aquela a maneira máis axeitada de facelo. Non obstante, saber como hai que comportarse tampouco é difícil e achega moita seguridade.
Será correcto? está pensado para que o consulten adultos, pais, docentes... pois a falta dos bos modais é motivo de preocupación para estes últimos. Pero tamén está orientado aos nenos, xa que temos claro que é mellor aprender bos modais de pequenos.
Será correcto? non é un libro típico de protocolo, nin polo contido -non esperen atopar aquí como debemos vestirnos para a alfombra vermella-, nin polo seu deseño, con desenfadadas ilustracións que nos invitan a achegarnos ao mundo dos bos modais dun xeito divertido.
EAN
9788494650239
Ano de edición
2017
Páxinas
88
Encadernación
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Galego
Colección
PREPARADOS LISTOS...XA!
Alto
170
Ancho
220
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres