Sinopse Un autobus camino da cidade
Tamén un desexo de liberdade, da busca do espazo ideal e propio, da lembranza da súa aldea perdida para sempre, das sensacións que percibiu, dos momentos que amou, das situacións que viviu,...
Historias que se moven na segunda década dos anos cincuenta: unha sociedade en paro, inmensamente agr¡cola, que busca unha sa¡da como pode entre a miseria e a falta de oportunidades. Situación que forzou aos homes e mulleres do noso Pa¡s a emigrar á vila, ao estranxeiro ou a transformar o campo polos seus medios. Nesta loita os adultos buscan un mundo diferente e mellor para os seus fillos ao darlles a educacións da que eles sempre careceron. E os mozos e mozas empezan a emigrar para poder estudar na vila. Neste mundo de desarraigamento, fóra da familia, enfrontado a unhas prácticas sociais e relixiosas que determinan a súa vida, nace cada un destes relatos.
Dalgún xeito todos vivimos situacións similares que foron forxando a persoa que somos.