XOSÈ MARÍA ÁLVAREZ BLAZQUEZ. MESTRE REPUBLICANO
De Gabriel, Narciso
Galego

Sinopse XOSÈ MARÍA ÁLVAREZ BLAZQUEZ. MESTRE REPUBLICANO

Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985) cursou estudos de maxisterio na Escola Normal de Pontevedra entre 1931-1934, atraído sen dúbida pola relevancia que a Segunda República concedía á escola primaria. No curso 1934-1935 realizou as prácticas na escola graduada de Tui, a súa cidade natal, e redactou o Diario del Maestro. A súa lectura permítenos coñecer o que acontecía na aula en cada sesión de clase: os contidos, a metodoloxía, os temos, os materiais, a estratexia motivacional, os procedementos disciplicanios, os resultados acadados e a relación do mestre cos alumnos. A traxectoria profesional de Álvarez Blázquez quedou truncada pola sublevación militar de 1936. Como tantos outros mestres e mestras, inicialmente foi separado do ensino e posteriormente depurado. Os cargos que se lle apuñan eran os de formar parte das Mocidades Galeguistas, facer propaganda a prol do Estatuto de Autonomía e exercer como apoderado electoral da Fronte Popular. Foi sancionado con seis meses de suspensión de emprego e soldo, inhabilitación para o desenvolvemento de cargos directivos e de confianza, e traslado fóra de Galicia. Esta é a historia que conta este libro.
EAN
9788491513414
Editorial
Ano de edición
2019
Páxinas
228
Encadernación
Tapa branda ou peto
Idioma
Galego
Nº colección
43
Colección
MEMORIA
Alto
210
Ancho
135
Outros lectores cualificárono con
Déixanos a túa opinión
0 opinións
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres